| a amizade é a infancia do amor |
| a anarquía non significa ausencia de regras senón ausencia de gobernantes |
| a aventura non é máis ca unha mala planificación |
| a beleza está nos ollos de quen mira |
| A ciencia non che é perfecta, mais iso non significa que precises da relixión |
| a coca-cola fai ben... á economía estadounidense |
| a constitución creouse para protexer á xente dos perigos das boas intencións |
| a corrupción é como o lixo, hai que o limpar todos os días |
| a crueldade cos animais é unha aprendizaxe da crueldade cos homes |
| A cuestión moral existe hai tempo, mais agora converteuse na primeira e esencial política, porque da súa solución depende a recuperación da confianza nas institucións, a efectiva gobernabilidade do país e o mantemento do réxime democrático |
| a cultura é un instrumento manipulado por profesores para fabricar profesores, que á súa vez, fabricarán máis profesores |
| a escola como instrumento educativo foi para min simplemente un baleiro |
| a evolución da especie humana non rematará en dez mil anos coma nos animais domésticos, senón nun millón de anos coma nos animais salvaxes porque o home é e sempre será un animal salvaxe |
| a fin xustifica os medios? Grazas, Moggi |
| a guerra é a procura da paz vertendo sangue; a paz é continuar a combater sen a verter |
| a ideoloxía é o carceleiro máis implacable do pensamento |
| a igrexa estase a converter para moita xente no maior atranco para a fe. Só ven nela a ambición humana do poder, o teatriño de homes que, co gallo de administrar o cristianismo oficial, semella máis ben que dificultan o verdadeiro espírito do cristianismo |
| a indiferenza, a covardía e o oportunismo dos cidadáns matan a democracia moito máis aínda cós tiranos e ditadores |
| a lingua non é máis que a redución do pensamento á súa forma máis simple |
| a mafia no é só un problema italiano, nin un asunto de campesiños atrasados e de subdesenvolvemento do sur de Italia, é un problema europeo |
| a mafia tivo un comezo e tamén ha ter un final |
| a miña opinión sobre o aborto está un pouco distorsionada polo feito de ser eu o sétimo de nove fillos |
| a monogamia é unha invención da nosa civiliazación occidental para dar unha certa e, podo asegurar, prudente orde ás institucións sociais. Naon ten nada que ver coa natureza humana. Desafío a calquera a amosarme a un individuo verdadeiramente monógamo. |
| a música actual está dirixida por banqueiros e contables: unha tendencia que cómpre combater fortemente |
| a Nova Economía é ese marabilloso concepto que permite crear riqueza |
| a parella está formando por tres persoas, das cales unha está momentaneamente ausente |
| a patria está en calquera lugar onde esteas ben contigo mesmo |
| A persoa á que máis temes contradicir es ti |
| a poesía é coma o pan, de todos |
| a política é a noble arte de obter votos dos pobres e financiamento dos ricos prometendo protexer a uns dos outros |
| a primeira mafia que cómpre combater é a que está dentro de cada un de nós. Nós somos a mafia |
| a propósito de valores: gardamos os cartos nunha caixa forte e os soños...nun caixón |
| a que espera a Unesco para declarar todo o planeta como patrimonio da humanidade? |
| a raza humana non é quen de aturar demasiada realidade |
| a realidade é unha ilusión provocada pola falla de alcool |
| a satisfacción está no que se fai, non no resultado |
| A sociedade erótico-publicitaria na que vivimos devece por organizar o desexo, por desenvolver o desexo ata proporcións incribles, mentres mantén a satisfacción na esfera privada. Para que a sociedade funcione, para que a competición siga adiante, cómpre que o desexo medre, se espalle e consuma a vida dos homes. |
| a televisión ten prestado un gran servizo á psiquiatría, tanto ó falar dela como ó contribuir á súa necesidade |
| a tradución é unha experiencia que ofrece e impón a lectura máis vagarosa posíbel, case unha andaina polo espazo físico do texto, cos seus vales, chairas e montañas |
| a verdadeira universidade non está localizada en ningures. Non posúe propiedades, non paga salarios e non recebe contribucións materiais. A Universidade real é unha disposición mental |
| a vida é unha doenza hereditaria |
| A vida non é grande abondo para conter todo o que o desexo consegue imaxinar |
| a vida non é máis ca un conxunto de imaxes no cerebro. Non existe diferenza entre as que nacen das cousas reais e as que nacen dos soños íntimos, e non hai razón para valorar unhas máis cas outras |
| a xente tense por libre, masi sé é libre de crélo |
| a xente, en xeral, ten a obriga de resistir ata as derradeiras consecuencias, coma se estivera a combater na frote de Piave, ante o prexuízo da perigosa desintegración da vontade colectiva e o naufraxio da conciencia cívica coa perda do senso do correcto, que é o derradeiro bastión da cuestión moral |
| a xustiza non é máis que a vantaxe do máis forte |
| acabará antes o ar ou o petróleo? |
| afortunadamente temos a Bush para salvar a democracia |
| algúns coidan que a intelixencia é hereditario, outros non teñen fillos |
| alguns países pobres son orgullosos e desexarían resolver os seus problemas sen axuda, mais, felizmente, as multinacionais non podem deixar de se sacrificar por eles |
| amo tanto a Alemaña que coido que é mellor que haxa dúas |
| antes a ninguén lle estaba permitido pensar libremente. Agora é permitido, mais case ninguén o dá feito. Agora as persoas queren pensar só naquelo que cren que deben pensar. Consideran iso liberdade |
| as cousas imposíbeis son máis doadas cás difíciles |
| as dúas palabras máis fermosas do inglés son \'cheque achegado\' |
| as fábricas de armas axudan a combater o desemprego? |
| as ideas sonche máis poderosas cas armas. Se non deixariamos que os nosos inimigos tivesen armas, por que habiamos deixar que tivesen ideas? |
| as lembranzas son como o viño que decanta dentro da botella: queda limpo e o sedimento permanece no fondo. Non se precisa axitar a botella |
| ás mulleres gústanlle os homes taciturnos. Coidan que as escoitan |
| as palabras que ofenden son os berros da nosa ignorancia |
| as palabras teñen o valor que lles dá o que as escoita |
| as relixións son as armas máis mortais que o Mal ideara nunca |
| as tentacións ó contrario das oportunidades, preséntanse sempre unha segunda vez |
| as veces, se te debruzaras na varanda dunha ponte para ver correr o río paseniñamente por baixo, de súpeto saberías todo o que cómpre saber |
| atención: as Autoridades Sanitarias poden ser prexudiciais para a saúde |
| avogado: cómplice que non corre risco ningún |
| bo Nadal e próspero aninovo |
| burocracia: unha dificultade para cada solución |
| cada historia é historia contemporánea |
| calquera americano disposto a ser candidato á presidencia, de xeito automático e por definición, había ser incapacitado para iso |
| calquera americano queestivese disposto a ser candidato á presidencia, de xeito automático e por definición, había ser incapacitado para iso |
| cando alguén está ben consigo mesmo, viaxar é estar noutro lugar, xa non é estar lonxe |
| cando as cousas vaian na dirección errada, non vaias canda elas |
| cando descanso os pés, a miña mente tamén deixa de funcionar |
| cando hai dúas versións opostas dunha mesma historia, é prudente crer naquela nas que as persoas saen máis prexudicadas |
| cando taledes a derradeira árbore, embelenedes o derradeiro río e apañedes o derradeiro peixe, daquela decatarédesvos de que o diñeiro non se pode comer |
| cando vexo a Berlusconi e a esoutro baixiño, péganme ganas de demitir do xénero humano |
| chegar segundo significa ser o primeiro perdedor |
| claro que é posíbel unha relación platónica, mais só entre marido e muller |
| Cociñar é un actor político. Cando deixamos que as corporacións cociñen por nós, perdemos o control. Precísase moita fe para crer que van comportarse con integridade e que a carne que ofrecen é realmente carne |
| coido que a cousa máis importante neste mundo non é onde estamos, senón en que dirección nos movemos... debemos navegar por veces co vento e outras veces contra el, mais debemos navegar, e non ficar á deriva nin baixar a áncora |
| coido que Kissinger é o maior criminal de guerra, ceibo no planeta |
| coido que mentres haxa abundancia, a pobreza ha ser un mal inaceptable |
| como has saber se Lyndon Johnson está a mentir? se move as orellas, iso non significa que estea a mentri. Se levanta as cellas, inso non significa que minta. Mais se move os beizos, está a mentir |
| cómpre ser optimista para ser demócrata, e humorista para seguir a selo |
| cómpre ter moitos coñecementos para chegar a comprender a magnitude da nosa ignorancia |
| conseguir cen vitorias en cen batallas non é proba de excelencia. Someter ó inimigo sen loitar é proba de suprema habelencia |
| convencéronse a si mesmos de que o home, o peor transgresor de todas as especies, é o rei da creación. Todas as demais criaturas foron creadas só para o fornecer de alimento e vestido, para seren torturadas e exterminadas |
| crése que controlamos a palabras, mais son elas as que nos controlan a nós |
| de moito falta e de pouco sobra |
| dediqueima a estudar a vida e non sei aínda por que nin para que serve |
| déixenme emitir e controlar o diñeiro dunha nación e non ha importar quen faga as leis |
| dende o momento que empezas a falar unha lingua estranxeira, a túa expresión facial, o movemento das mans e a linguaxe corporal mudan. Es outra persoa |
| Deus, o mesmo que unha coma, pode cambia-lo todo |
| distraerse significa case sempre mudar de aborrecemento |
| ditoso quen non espera gratitude, porque non quedará desilusionado |
| é máis fácil ensinar unha segunda lingua a todos que fabricar unha máquina capaz de traducir |
| e nós habemos esperar que chegue o día no que poidamos dicirlle ós nosos homes e ás nosas mulleres mortos só isto: Non nos rendemos, non desistimos, non nos vendemos |
| e para que non o rouben..confían os cartos ós bancos |
| é precisamente cando nos equecemos de nós mesmos, cando facemos cousas que merecen ser recordadas |
| é unha guerra de clases. A miña vai gañando, mais non debera |
| é útil lembrar que a avaricia sempre foi inimiga da virtude; dificilmente poderá gañar o creto dos demais quen busque en exceso o seu propio beneficio. |
| en cada cínico haiche un idealista desilusionado |
| en certas ocasións, as malas palabras son as mellores |
| en certos momentos, para que calquera cousa funcione novamente, débese correr o risco de o perder todo |
| en Cuba non se respectan os dereitos humanos, excepto en Guantánamo |
| en ningunha teoría democrática se pon en dúbida o feito de que unha das características dunha ditadura é o monopolio da información |
| en relación a eles, todos os humanos son nazis. Para os animais é un eterno Treblinka |
| era tan fermosa que lle prohibiron achegarse á torre de Pisa |
| esperar que o mundo te trate ben porque es unha boa persoa e case como esperar que un touro non te escorne porque es vexetariano |
| esperemos que os atletas \"normais\" que gañaron as medallas nos xogos paralímpicos non usasen drogas |
| espero que nunca chegue a ser tan vello que me volva relixioso |
| eu era anticomunista cando había comunistas |
| facer turismo é viaxar moi lonxe para atopar as ganas de volver para a casa |
| falar é traducir, ouvir é traducir, ler é traducir, escribir é traducir, pensar é traducir. Todo o mundo traduce agás algúns tradutores |
| gaña o que sabe perder |
| globalizamos o circo pero non o pan |
| gran parte da historia social do mundo occidental nas tres últimas décadas consistiu en trocar o que funcionaba ben polo que se presentaba ben |
| Ha chegar un día no que as imaxes han substituír ó home, que xa non precisará existir, só ollar. Xa non habemos ser seres vivos senón meros observadores |
| hai adolescencias que espertan ós noventa anos |
| hai dous xeitos de conquistar e escravizar a unha nación: unha é coa espada, a outra é coa débeda |
| hai por aí miles e miles de persoas que viven cun berro afogado de desesperación, que pasan longas e pesadas xornadas en traballos que detestan para poderen mercar cousas que non precisan e impresionaren a xente que non lles agrada |
| hai unha forma de enerxía mási limpa ca o sol, máis renovábel cá do vento: é a enerxía que non consumimos |
| hai xente tan pobre que só teñen diñeiro |
| has atopar máis sabedoría nos bosques e nas fragas ca nos libros. As árbores e as rochas hante aprender cousas que ningún mestre che dirá |
| Las Vegas habíase ofender se a comparasen con Wall Street. Nas Vegas as persoas saben cales son as súas probabilidades. En Wall Street manipulan as probabilidades mentres un xoga |
| lei de Meskimen: nunca hai tempo suficiente para facer unha boa traducción, pero sempre hai tempo para refacela |
| mentres houber petróleo, non haberá paz no Oriente Medio |
| moitas persoas pérdenche as pequenas alegrías agardando pola gran felicidade |
| moitos dos nosos políticos son incompetentes. Os restantes son capaces de todo |
| na política, se queres que algo se diga, pídello a un home, se queres que algo se faga, pídello a unha muller |
| nada existe agás átomos e espazo baleiro; todo o demais son opinións |
| nada máis ás persoas cultas lles presta aprender; aos ignorantes préstalles ensinar |
| namorarse évos cousa de camareiros |
| ninguén consulta o diccionario antes de falar |
| ninguén é tan novo que non poida morrer hoxe mesmo |
| ninguén me peitea mellor co vento |
| ningúen pode facer que te sintas inferior sen o teu consentimento |
| ningún goberno pode manterse sólido sen unha oposición formidable |
| ningún médico pode prometer unha recuperación total mais é obvio que cada médico ha ser quen de prometer unha axeitada atención ó doente |
| no canto de lle dar a un político as chaves da cidade, había ser mellor cambiar a pechadura |
| non dubides nunca que un pequeno grupo de persoas conscientes e resoltas poda mudar o mundo |
| non é a especie máis forte a que sobrevive, nin a máis intelixente, senón q que mellor se adapta ós cambios |
| non é certo que os días de chuvia sexan os peores; son os únicos nos que se pode camiñar coa cabeza ergueita aínda que esteas a chorar |
| non é o coñecemento o que nos falta. O que falta é a coraxe para entender o que sabemos e tirar conclusións |
| non é o home, senón o mundo o que se tornou anormal |
| non é xusto que a droga só poida circular libremente polos cárceres |
| non esquezas que es absolutamente único. Como todos os demais |
| non fai falla pagar para que che fagan a árbore xenealóxica. Entra na política e os teus rivais hancha facer |
| non hai fillos ilexítimos, nada máis pais ilexítimos |
| non hai nada como voltar a un lugar que non cambiou e descobrir canto cambiamos nós |
| non hai nada imposíbel para quen non ten que o facer |
| non hai nada que empobreza tanto como a ganancia |
| non podes dicir que a civilización non avanza, dado que en cada guerra mátante dun xeito diferente |
| non podo mudar o pasado, mais podo mudar as miñas lembranzas |
| non quero estar soa, quero que me deixen soa |
| non sabemos quen descobriu a auga mais estamos certos de que non foi un peixe |
| non se traduce o que está escrito, tradúcese o que o autor pretendeu dicir; por iso, os computadores non logran traducir ben |
| non son pesimista. Percebir o mal onde existe, na miña opinión, é unha forma de optimismo |
| non votes, só serve para lles dar azos |
| nos paraísos fiscais deberían vivir só os que desexan paga-los impostos, son todos tan pequeniños... |
| nunca xulgue un libro polo seu filme |
| o aborrecemento é unha doenza que se cura co traballo; o pracer é só un paliativo |
| o amor é un castigo. Somos castigados por non darmos vivido sós |
| o amor ten dereito a ser deshonesto e mentireiro se é que é sincero. |
| o arrepentimento é a firme resolución de non deixar pegadas a vindeira vez |
| o bo xornalismo pode e debe morder calquera man que queira darlle de comer |
| o bolsa de valores é o lugar onde os estúpidos se separan dos seus cartos |
| o capitalismo é a estafa lícita da clase dominante |
| O demo é agora máis arteiro, tenta facendo ricos no canto de pobres. |
| o diñeiro é o leite materno da política |
| o diñeiro está a tornarse nunha cousa tan importante que en pouco tempo falaremos de Kennedy como do primeiro marido da esposa de Onassis |
| o doparse para un atleta é igual que mentir e roubar para un político. Difícil de evitar |
| o encontro entre dúas personalidades é como o contacto entre dúas substancias químicas: de producirse algunha reacción, as dúas transfórmanse |
| o escravo só ten un amo; o ambicioso tantos como persoas poidan serlle útiles á súa fortuna |
| o estado son eu |
| o fútbol non é só unha cuestión de vida ou morte, é moito máis importante ca todo iso |
| o gran mérito da sociedade é que nos fai apreciar a soedade |
| o home do terceiro milenio terá a cultura de Bush, a honestidade de Berlusconi e a bondade de Putin |
| o home está condicionado completamente ao comportamento produtivo pola organización do traballo e fóra da fábrica mantén a mesma apariencia e a mesma cabeza |
| o libro no que foi escrito todo o saber dos libros pedía axuda para non ser comido polo rato. O rato ría |
| o mellor da vida non se procura, atópase |
| O meu optimismo baséase na certeza de que esta civilización se afunde. O meu pesimismo en todo o que fai para nos arrastra tras de si na súa caída |
| o monopolio ou a posesión da propiedade en mans duns poucos é unha maldición para a humanidade |
| o mundo é testemuña dun terríbel crime contra os dereitos humanos que se comete en Gaza, onde hai un millón e medio de seres humanos que son apreixoados case sen acceso ó mundo exterior. Un pobo enteiro está sendo brutalmente castigado |
| o mundo non é un espectáculo é un campo de batalla |
| o narcotráfico non se pode legalizar porque hai moitos cartos polo medio |
| o partido demócrata é o que di que o goberno te ha facer máis listo, mási alto, máis rico e que ha quitar os restrollos do teu xardín. O Republicano é o partido que di que o goberno non funciona e entón gañan as eleccións e demóstrano |
| o peor dos males non é a morte, senón querer morrer e non conseguilo |
| o prihibicionismo non crea máis ca problemas |
| o problema cos bufóns políticos é que son elixidos |
| o que se prolonga non é a vida, é a vellez |
| o que temos en común é que todos somos diferentes |
| o que vai devagar, chega lonxe e non lle ha custar |
| o ser humano é a terra que camiña |
| o signo máis evidente de que se achou a verdade é a paz interior |
| o socialismo só pode chegar en bicicleta |
| o único que desexo é non ter desexos |
| o urbanismo é a apropiación do medio natural e humano polo capitalismo que, desenvolvéndose loxicamente coa dominación absoluta, pode e debe agora refacer a totalidade do espazo co seu propio decorado |
| o verdadeiro éxito é chegar a ser a mellor persoa posíbel |
| o viaxar só serve para amarmos máis o noso recanto natal |
| o viño prexudica gravemente a saúde (mental) de quen non o bebe |
| os amos deste país saben a verdade: chámase o soño americano porque hai que estar durmido para crer nel |
| os analfabetos do século XXI, non serán aqueles que non saiban ler e escribir, senón máis ben aqueles que non poidan aprender, desprender o aprendido e volver a aprender |
| os bancos concebíronse a partir da iniquidade e naceron do pecado. Os banqueiros son os donos do mundo. Se llo quitamos pero lles deixamos a posibilidade de fabricar diñeiro, de seguida hano volver a comprar. Porén, quitádelle ese poder e todas as grandes fortunas, como a miña, han desaparecer, e compriría que desapareceran para que este fose un mundo máis feliz e mellor para vivir. Mais se queremos seguir sendo escravos dos banqueiros e pagar os custes da nosa propia escravitude, entón deixádeos que sigan creando diñeiro |
| os colosos de internet son cada vez máis os intermediarios entre produtores e consumidores |
| os dereitos dos animais están por diante de calquera relixión |
| os Don Quixote de hoxe non loitan contra senon a favor dos muiños de vento |
| os historiadores menten con documentos, os novelistas menten coa imaxinación |
| os homes son sempre sinceros. Só mudan de sinceridade, iso é todo |
| os laboratorios farmacéuticos saben máis de crear enfermidades axeitadas para os fármacos existentes ca de crear fármacos axeitados para as enfermidades existente |
| os partidos de hoxe son, sobre todo, máquinas de poder e de clientelismo |
| os pensamentos retroceden, os obxectos avanzan |
| os políticos son iguais en todas as partes. Prometen construír pontes mesmo onde non hai río |
| os políticos son persoas que, cando ven a luz ó final do túnel, saen e mercan máis túnel |
| os que nos asoballan poden ser tan cribles coma os que nos educan? |
| os seres humanos teñen só dous modos operativos: irresponsabilidade e pánico. |
| os simios antropomorfos e os babuínos non falan, porque de o faceren os homes obrigaríanos a traballar |
| os xoves ilusiónanse co seu futuro, os vellos co seu pasado |
| para explicar unha palabra cómpren outras palabras que, á súa vez, han ser explicadas con outras palabras e así ata o infinito. A comunicación é unha ilusión |
| para sobrevivir moitos anos o único que hai que evitar e vivir |
| parvos, non saben ata que punto a metade vale más có todo |
| pedir a un empresario que non falsee a súa declaración é como pedirlle a un dentista que emita facturas reais |
| peliza: unha pel que cambia de animal |
| pódense facer cousas extraordinarias cando un non pretende atribuírse mérito ningún |
| poderiamos guindar pola fiestra metade dos fármacos modernos de non ser porque os paxaros poderían comelos |
| poderíase dicir que a liberdade é algo vago. A súa ausencia non o é |
| pór a esperanza nos beneficios deshonestos é o principio da ruína |
| Por medio da educación decidimos se amamos os nosos fillos abondo como para non os expulsar do noso mundo e deixalos á súa sorte nin lles quitar das mans a oportunidade de principiar algo novo , algo que nós non damos imaxinado, mais preparalos con tempo abondo como para anovar un mundo común |
| por veces alguén confesa un pecado para se atribuír un mérito |
| Por veces o silencio non é menos elocuente cas palabras |
| pouco importa con quen casemos, porque certamente, na mañá seguinte, descubriremos que é outra persoa |
| preciso que me precisen |
| que todos sexamos irmáns é o soño dos que non teñen irmáns |
| quen é o que clona máis, a xenética ou a televisión? |
| recoñécese a un home insensato porque está sempre disposto a morrer orgullosamente por unha causa. Recoñécese a un home sabio porque está disposto a vivir humildemente por ela |
| se a cultura se tornou unha mercadoría non é extraño que os homes teñamos chegado ó mesmo fin |
| Se alguén tivera que se referir a unha das partes como estado terrorista, tería que llo chamar ao goberno de Israel, xa que eles son os que masacran a árabes indefensos e inocentes nos territorios ocupados |
| se che molesta que che mintan, non preguntes |
| Se es tan intelixente, ¿como pode ser que te volveses tan rico? |
| se es un fatalista, ¿que lle vas facer? |
| se falas a un home nunha lingua que entenda, haslle cheagar á cabeza, se lle falas na súa lingua, haslle chegar ao corazón |
| se non es parte da solución, es parte do precipitado |
| se non estás disposto a te equivocar, nunca has facer nada orixinal |
| se o voto puidese cambiar algo, xa o prohibirían |
| se os israelitas non queren ser acusados de seren coma os nazis deben, simplemente, deixar de se comportaren coma nazis |
| se se poden doar órganos para salvar a vida dun paciente, seica non se poden doar proteínas para salvar a vida de quen morre de fame? |
| se se recoñece publicamente que os cigarros son nocivos, ¿por que se permite a súa venda? |
| sen Sadam o mundo mellorou. Como será sen Bush? |
| ser de esquerdas significa pagar impostos |
| sexa franco e explícito co seu avogado...xa se ha encargar el de confundilo todo |
| si ó comercio da cultura, non á cultura do comercio |
| só aqueles que se atreven a fallar clamorosamente poden obter grandes éxitos |
| só hai dous xeitos de dicir a verdade: de xeito anónimo ou de xeito póstumo |
| só hai un xeito de reducir o consumo de drogas: legalizalas |
| só hai un xeito de ter éxito: vivir a vida á túa maneira |
| só non ten virtude quen non a quere ter |
| só se camiñas cara ó solpor, poderás atopar a aurora |
| só se respectan os dereitos humanos das persoas xurídicas |
| somos o que finximos ser, por iso debemos ter coidado co que finximos ser |
| talvez os mellores de nós sexan os que saben que non valen máis que a nada que os rodea |
| Temos o mellor congreso que os cartos poden mercar |
| todos os animais, agás algúns homes, teñen alma |
| todos se preocupan dos rinocerontes, mais os piollos patos tamén se están a extinguir |
| todos sorrín na mesma lingua |
| un amigo non é aquel que enxuga as túas bágoas, senón aquel que non te fai chorar |
| un bo diccionario é un espello onde un, se sabe buscar, atopa o que xa sospeitaba |
| un concerto para salvar o planeta... faime lembrar o titanic |
| un desmentido é unha nova que dada por dúas veces |
| Un dos principais deberes do médico é educar as masas para que non tomen medicamentos |
| un home faise sabio só cando empeza a calcular a profundidade aproximada da súa ignorancia |
| un home non planta unha árbore para si, plántaa para a posteridade |
| un indicador tráxicos dos valores da nosa civilización é que non hai mellor negocio que o da guerra |
| un ladrón é alguén que deixa un partido para afiliarse noutro, un converso é alguén que deixa esoutro partido para se afiliar no seu |
| un optimista é quen cré que unha muller rematou unha conversa telefónica só porque dixo \'deica logo\' |
| un político é un fulano que ha dar a túa vida polo seu país |
| un reparo é unha cuestión de principios que xa esquecemos |
| unha campaña política custa moito máis do que un home honesto pode pagar |
| unha cega e inflexíbel indisciplina constitúe, en calquera tempo, a verdadeira forza dos homes libres |
| unha época pde considerarse rematada cando as súas ilusións fundamentais se esvaezan |
| unha igrexa que non sofre persecución, senón que goza dos privilexios e o apoio da burguesía, non é a verdadeira igrexa de Xesucristo |
| Unha mona americana despois de se emborrachar con brandi, nunca máis volvería a tocalo. Só por iso xa é moito máis sabio ca maioría dos homes |
| unha parte excesiva do que se denomina \"educación\" non é máis ca un custoso illamento da realidade |
| uso os partidos da mesma forma que uso os taxis: entro, pago a viaxe e saio. |
| vélate cos teus desexos, poderían facerse realidade |
| vin á ciencia que adoraba e ó avión que amaba destruír a civilización que esperaba que a servisen |
| virtude: acto contrario á vontade |
| vivir é perigoso |
| votar é abdicar |
| xa abonda de droga no deporte. Que se prohíban os controis |
| xa somos todo aquilo contra do que loitamos ós vinte anos |
| ¿é democrático facer paga-los impostos nun país onde o 90% da poboación non desexa pagalos? |
| ¿por que se a mafia \'inviste\' regalando droga na porta das escolas, os editores non fan o mesmo cos libros? |
| ¿son as raparigas da rúa as que imitan as da televisión ou viceversa? ¿Ou é |
| ¿ten sentido falar de \"escola obrigatoria\"? |